Verwandte Artikel zu ORIXE ORZÁNICA DAS SEREAS TODAS (Libros do Sarela)

ORIXE ORZÁNICA DAS SEREAS TODAS (Libros do Sarela) - Softcover

Osorio Guerrero, Rodrigo

 
9788416460977: ORIXE ORZÁNICA DAS SEREAS TODAS (Libros do Sarela)

Inhaltsangabe

Soñar mundos, imaxinar universos, debuxar ignotos ronseis... Velaquí a función, especialmente milagrosa, da literatura. Ser quen de reescribir vidas e tempos. O autor deste libro proponnos un xogo marabilloso, un reto tamén. Os protagonistas son o pintor e escritor Urbano Lugrís González e o escritor Leandro Carré Alvarellos. Arredor deles, ou canda eles, deberemos mergullarnos na orixe orzánica das sereas todas, e deixar que o misterio das ondas nos leve polo vieiro dos soños.

Die Inhaltsangabe kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.

Über die Autorin bzw. den Autor

Rodrigo Osorio Guerrero (Ponferrada, León, 1977). Coñeceu a obra de Urbano Lugrís González cando estudaba Dereito en Compostela, grazas á exposición do Auditorio de Galicia de 1998. En 2012, reencontrouse co mestre no obradoiro literario impartido por Xurxo Souto –«Historias da cidade barco»– do que naceu o colectivo lugrisán In Nave Civitas, no que se integrou. Dende aquel ano fai parte da organización do Día Lugrís, unha homenaxe cidadá anual arredor do «pintor do mar». Tamén tivo a ledicia de colaborar coa asociación cultural O Mural na salvación do fresco que Lugrís pintou na rúa Real da Coruña. Escribiu: «Lugrís, un naúfrago da historia», «P. M. A. Unha interpretación ventureira. Como (non) nomear un fresco de Urbano Lugrís» e «O quebracabezas do descubrimento». Así mesmo, foi integrante do cadro de teatro de Cántigas da Terra co que representou dúas obras de Carré Alvarellos: Un caso compricado (2016) e O engano (2019).

„Über diesen Titel“ kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.