Verwandte Artikel zu O armario novo de Rubén (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN...

O armario novo de Rubén (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante) - Softcover

Docampo, Xabier P.

 
9788497828994: O armario novo de Rubén (INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante)

Inhaltsangabe

"O armario novo de Rubén" A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu. "Dacabalo da vasoira" Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver só tiña que ceiba-la man do rabo da vasoira. "Xogando ás agachadas" Cinco irmáns xogaban ás agachadas e a un deles ocorréuselle meterse dentro dunha botella. Para saír tiña que agardar a estar máis fraco. "Chegou un home moi grande" A Fordián chegou un home moi grande cun saco no lombo. Os nenos do lugar desecobren que leva no saco o azul do mar e o verde dos campos. O Brais, a quen todos trataban de parvo, foi o que recuperou o azul do mar e o verde do campo. "Bolsas, milleiros de bolsas" A señora Remedios vai gardando tódalas bolsas de plástico que lle dan nas tendas. Un día o vento entrou na casa e levoulle tódalas bolsas emporcallando a cidade; de noite, cando amainou o vento, a señora Remedios foi recollendo as bolsas que puido.

Die Inhaltsangabe kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.

Über die Autorinnen und Autoren

Xabier P. DoCampo (Rábade, 1946 - A Coruña, 2018). Mestre e escritor, é autor dunha extensa obra narrativa, en boa parte traducida ás linguas peninsulares. Mereceu o Premio da Feira do Libro da Coruña (1989), o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano 2009 e A Letra E da AELG en 2014. Entre as súas obras máis destacadas están as seguintes: «O armario novo de Rubén» (Xerais 1989); «A nena de auga e o príncipe de lume» (Xerais 1990-2012); «A casa do porco bravo e Roxelio e a couza» (Xerais 1991); «Adelaida, Henrique e demais familia» (1996); «Nube de neve» (2000), «¿Víchela, víchela?» (2001), «Os ollos de Ramón» (2001), «A decisión de Valerio» (Xerais 2005), «O misterio das badaladas» (1986, Xerais 2011), novela; «Cun ollo aberto e outro sen cerrar» (1987), relatos; «A chave das noces» (1988, Xerais 2018), novela; «O país adormentado» (Xerais 1993, 2012), novela; «Cando petan na porta pola noite» (Xerais 1994), relatos, Premio Rañolas ao mellor libro do ano, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1995), Lista de Honra do IBBY (1996); «O pazo baleiro» (1997, Xerais 2002), novela; «O home que inventou unha maneira de andar» (1998), novela; «Catro cartas» (2000, Xerais 2020), relatos; «Un conto de tres noites» (Xerais 2001), relatos; «A casa da luz» (Xerais 2002), novela; «O libro das viaxes imaxinarias» (Xerais 2008), Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado do Ano 2008, Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega 2008 e Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil, 2008; «A illa de todas as illas» (Xerais 2013), novela, «A nena do abrigo de astracán» (Xerais 2017), novela, Premio Gala do Libro Galego 2018, e «Contos de obxectos» (Xerais 2021), relatos.

Xan López Domínguez (Lugo, 1957). Licenciado en Historia da Arte, é ilustrador, escritor e deseñador. Ten ilustrados centos de libros para editoriais de España, Alemaña, Italia, Francia, Brasil, Taiwán... Para a colección Merlín ilustrou os seguintes títulos: «Carpametacarpadeduna», «Fafarraios», «O capitán Ro e o gato Bo», «Glub, o incrible peixe-bala», «A historia da buguina», «O armario novo de Rubén», «A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos», «Resturante Farruco», «Valados», «Florentino, o príncipe Quino», «Poemar o mar», «Bichería» e «Mediometrópole e os superheroes».

„Über diesen Titel“ kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.