Verwandte Artikel zu O paraugas na raiola e outros relatos (Baía Narrativa,...

O paraugas na raiola e outros relatos (Baía Narrativa, Band 37) - Softcover

Rivas Domínguez, Francisco

 
9788499953144: O paraugas na raiola e outros relatos (Baía Narrativa, Band 37)

Inhaltsangabe

Atado de oito relatos, prologados polo profesor, escritor e dinamizador cultural, Bernardo Penabade, que comezan coa historia da “Señorita de Lobeiras” e rematan coas “Memorias do esqueleto Isolino”, dous relatos que bordean os trazos da novela curta, e que con distintos recursos literarios, segundo as diferentes historias, forman unha unidade que aparece, física e maxicamente, abrigada da auga por un extraordinario paraugas. Neles fumegan o gusto de Paco polo realismo máxico e o misterio, tamén a homenaxe máis ou menos explícita aos autores dos que bebe no seu quefacer literario. Unha nova entrega na que Paco Rivas mostra a súa capacidade para construír historias desde o relato breve, do que se nos mostra como un auténtico continuador do rico legado existente na nosa literatura. *** Deitou no lenzo pinceladas afervoadas… ardorosas… de afeites… de adobíos… E mesturou cores nun relanzo da brisa… co pincel dunha lanceira. A cantaruxada das ondas enchoupou de foulas verdes os grises… Dos azuis ocupáronse as pingas dunha orballada… A aquel pintor fachendoso latexábanlle os alentos e os ollares… Os dedos debuxaban unha melodía acompasada. Movementos estudados para elaborar unha peza a modo de aria, de romanza… El era a única voz. … Este pintor de soños mergúllase en todos e cada un destes relatos para que poidas entrar con el no mundo do soño… dos soños… Para que poidas soñar esperto… Durmido soña calquera.

Die Inhaltsangabe kann sich auf eine andere Ausgabe dieses Titels beziehen.